Cargando...

BATEAS MOAÑA

Bateas en Moaña

Os barcos do peirao de Domaio levan guindastres…

As rías de Galicia son grandes ecosistemas onde viven diversas especies. O enxeño humano produciu e explotou dende mediados do século pasado un tipo de embarcación á que se lle engadiu unha armazón horizontal de postes de madeira onde se penduran primeiro redes con cría e posteriormente cordas con mexillón que se vai alimentando do placton existente nas correntes de auga. Isto deu lugar a unha acuicultura moi rendible e produtiva, unha explotación económica interesante que exporta gran parte da súa produción. Na ría de Vigo, tanto o mar interior de Moaña como o de Domaio teñen bateas mexilloeiras ás que é preciso acceder a través destes curiosos barcos provistos dun parque de maquinaria e guindastres na cuberta para colocar a cría ou erguer as pesadas cordas cheas de mexillón adulto que hai que extraer, escoller e limpar para presentalo de forma atractiva en peso e preparación a unha das grandes exhibicións gastronómicas do verán moañés, a Festa do Mexillón.

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 2km 303m

Patrimonio cercano

Casa do Real

a 1km 154m