Cargando...

BUEU

BUEU

A vila de Bueu forma parte da comarca do Morrazo, situada na beira norte da península e bañada pola Ría de Pontevedra, onde se atopa a Illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional Mrítimo Terrestre das Illas Atlánticas e atrae cada ano a centos de visitantes. O municipio conta cunha marabillosa riqueza natural: praias de augas cristalinas e area branca, panorámicas extraordinarias sobre o Atlántico, roteiros polas súas fragas, o espazo protexido de Cabo Udra…
É unha vila costeira na que a principal fonte de riqueza dende antigo é a pesca, cun pasado dourado coma un dos portos máis importantes polo impulso da industria conserveira. Unha das fábricas acolle hoxe o destacado Museo Massó, un dos  máis importantes da península ibérica no eido da cultura mariñeira. Naceu froito das inquietudes culturais dos industriais cataláns Gaspar, José Mª e Antonio Massó. O seu interese pola historia da navegación lles leva a crear unha colección de libros imprimidos entre os séculos XV e XIX, instrumentos náuticos, cartografía, documentos e maquetas de embarcacións históricas que constitúen a alma desta colección.
 
Bueu segue a contar cun porto moi dinámico e cunha lonxa que realiza as subastas do polbo e o peixe variado pola tarde a partir das 17:00h. A Praza de Abastos, de moita sona na comarca, abre pola tarde para vender o peixe da subasta. A calidade e frescura da materia prima é tal, que este mercado recibe a diario visitas dos municipios veciños. En canto a cidades máis grandes, sempre foi unha localidade moi ben conectada con Marín e coa capital da provincia, Pontevedra, da que distan tan só 20km.