Cargando...

Burato do inferno

Burato de Inferno

O Burato do Inferno atópase na zona sur da Illa de Ons e é unha perigosa furna que descende verticalmente ata o mar. Pódese entrar en barco pola parte de abaixo. Está cheo de lendas e supersticións que, por outro lado, son moi abundantes na Illa. “Nos días de temporal óense os xemidos das almas atrapadas polo demo”, din os isleños. Probablemente, a orixe destas lendas sexa o temor que inspiraba a quen se achegara á furna os sons que emitían os diferentes paxaros que anidaban no seu interior.

Unha cruz no cantil lembra a un gardamariña que morreu ó esvarar no seu traizoeiro borde e caeu dentro, recórdanos o seu perigo.