Cargando...

Capela de Samertolameu

Igrexa de Samertolameu

Antigamente accedíase á illa bordeando a praia coa marea baixa, mais na actualidade pódese chegar en automóbil.

• Atópase unha pequena capela dunha soa planta e fachada lisa con tellado a dúas augas e unha espadana dun só van con campá, construída no 1722 sobre unha edificación anterior do s. XVI.

• Pódese observar un cruceiro, datado en 1996, cunha plataforma cadrada dunha soa escada e un dobre pedestal o segundo dos cales está adornado con motivos mariñeiros (unhas peixeiras, uns mariñeiros tirando do aparello, un faro e unha gamela) 
O mastro é rectangular con arestas mortas, no tramo inferior está decorado cun peixe por cada unha das catro caras.
Remata nun capitel cilíndrico decorado con catro volutas, caras de anxos e acios.
A cruz rectangular presenta a imaxe de Xesús e unha pequena cartela de INRI.

• Na festa de San Bartolomeu é tradición pasar tres veces por baixo do santo para quitar o medo mentres se recita: "San Bartolomeu dáme o teu medo e toma o meu".