Cargando...

Capela de San Xosé

Capela de San Xosé

Mención especial merece en Bueu a Capela de San Xosé, na avenida de Antonio Pazos Fontenla que comparte solar co actual centro de ensino náutico pesqueiro da localidade.

Naceu en 1947 coma un Padroado, dando lugar a unha refundación relixiosa e docente en lembranza doutra anterior interrompida en 1931.

A súa construción aparece vinculada ás obras do “poboado de pescadores ” da Banda do Río, para a formación dos fillos destes.

Cando visitala: Misa os sábados ás 7 da tarde e os domingos ás 10 da mañá

Nesta capela celébrase o domingo de Ramos, coa tradicional bendición das palmas e olivos, e a tradicional procesión.

Misa los sábados a las 7 de la tarde y los domingos a las 10 de la mañana