Cargando...

Carballeira de Coiro

Carballeira de Coiro

Pouco máis abaixo da Capela de San Cosme, por unha pista forestal que che recomendamos percorrer a pé, atopamos o espectáculo do curso alto do río Bouzós. Alá onde se precipita desde as terras de Ermelo sobre o val de Coiro, aparece unha paisaxe de gran beleza, o Carballal de Coiro. Trátase dun espazo onde a vexetación de ribeira e os carballos ofrecen un marco incomparable ás pequenas fervenzas que forma o río no seu curso. É un dos poucos lugares do concello onde se atopa o que no seu momento foi o bosque natural. Un lugar onde o chan aínda se alimenta da follaxe de carballos e castiñeiros e crea unha terra rica e mol, onde se desenvolve a vida dunha gran cantidade de criaturas.

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Cangas

Onde comer cerca

CASA ELADIO

a 2km 918m

Bar Puri

a 1km 834m

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 2km 998m

Camping Tirán

a 2km 631m