Cargando...

Casa da Bola

Casa da Bola

Trátase dunha das casas mellor conservadas, tanto exterior coma interiormente. Data do s. XIX, de estilo neoclásico tardío, ten tres balcóns e está rematada por unha bola da que recibe o seu nome. No interior conserva a estrutura orixinal da vivenda, e na primeira planta, aínda está o espazo que conformaría a cociña, coa lareira. Na parte alta da fachada conserva un reloxo de sol e un pequeno pombal.

Era propiedade dunha familia adiñeirada. A principios dos oitenta sufriu un importante incendio que tivo como consecuencia o abandono do inmoble por parte dos seus propietarios. Foi comprada e rehabilitada polo Concello, destinándose a fins sociais, no que incluía un centro social da terceira idade e lugar de reunións para distintas asociacións. Actualmente a planta baixa é acolle a Oficina de Turimo e a planta superior está a disposición de ADICAM.

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 192m

Don Hotel

a 1km 202m

Patrimonio cercano