Cargando...

Casa de Mozelún

Casa Molezún

Esta vivenda é considerada unha indiscutible obra mestra da arquitectura moderna galega e ibérica. Foi construída polo arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún en 1969 como refuxio para as súas vacacións familiares, despois de ter estudado o comportamento das mareas no lugar. A casa, pechada ao norte e aberta ao sur, onde se sitúa a terraza, ergueuse sobre as rochas da praia readaptando os muros dunha antiga fábrica de salgadura.

Na parte baixa, o almacén de embarcacións inúndase coas mareas vivas. A entrada sitúase na parte alta que dá á estrada da costa, onde a construción apenas se eleva en vertical, establecendo unha dialéctica co contorno. Molezún, fascinado polo mar tantas veces plasmado nas súas acuarelas, concibe o interior coma a ponte dun barco, con estruturas ocultas ou que ocupan o menor sitio posible. A ventá corrida de 9 metros de lonxitude ilumina o reducido pero cómodo interior e mergulla na natureza aos habitantes da casa. Os espazos exteriores, conectados en distintos niveis, serven de transición. Molezún introduce o valor da xeometría na súa arquitectura despois de coñecer a Wright, pero sen perder de vista os valores humanos e os principios orgánicos máis profundos.

Onde comer cerca

Taberna O Farol

a 1km 223m

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 5km 600m

Patrimonio cercano