Cargando...

Casa Grande de Ouril

Pazo de Ouril

Outro punto de interese patrimonial é o Pazo de Ouril , sito no lugar de Chan de Piñeiro. Comparte co Pazo de Santa Cruz o chamado Bosque da Taberna, asunto nada casual, pois a súa construción no primeiro cuarto do século XVII foi ordenada polo señor de Santa Cruz, Benito Antonio de la Rúa Mondragón para residencia da súa segunda muller, María Josefa Villar Prego e Montenegro, e fillos contraídos con esta, ao seu óbito, acaecido en febreiro de 1743. Tras un século de esplendor e grande expansión iniciará o seu declive a finais do século XIX. Finalmente a propiedade pasou a dona Carmen de la Rúa Catani, quen lla vendeu a Gaspar Massó García, pasando a un dos seus fillos, e deste aos actuais donos.

Todo el conforma un conxunto arquitectónico harmonioso, de traza barroca; conta cunha torre ameada de dúas alturas entre dúas edificacións rectangulares con planta en forma de “L”. Posúe dúas labras heráldicas, das que só unha é orixinaria do pazo. Case no aleiro da parede oeste, entre as dúas fiestras, está a propia, a lexítima, rematada cun penacho baixo o que se sitúa un “M” coroado e todo el loureado, representando a liñaxe dos Montenegro. A outra labra, máis vistosa e impoñente, non garda relación coa estirpe do pazo e foi traída a mediados do século XX, posiblemente dun edificio oficial. Nel figuran as armas da vila de Padrón, as de Castela-León e as de Galicia. Vai timbrado por coroa aberta e circundada polo colar da orde do Toisón de Ouro.

Está circundado por coidados xardíns, hórreo, pombal e grande variedade forestal que realza o conxunto.

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 4km 146m