Cargando...

CASA MODERNISTA O FOXON

Casa modernista O Foxón

O FOXÓN (Tirán, s.XIX)

• Esta casona do s. XIX, realizada en cachotería recuberta con argamasa, recibiu unha importante reforma no 1928 pois foille engadido un novo corpo cun claro estilo modernista que lle serve de entrada.

• A fachada recuberta por un lucido branco con adornos en vermello ten unha porta rematada en molduras. A cornixa que cobre o tellado está adornada cunhas columnas rematadas en molduras e pináculos, destacando o central cun adorno floral máis complexo.
Sobre as paredes destacan unhas imitacións de columnas sobre as que aparecen en baixo releves unha sorte de frechas rematadas en punta ou en forma de trevo.

• Antigamente a casa dispuña de canastro, adega, cortes e forno para o pan.

• Aínda se conservan algunhas árbores do que foi un verdadeiro xardín botánico.

• Actualmente forma parte das instalacións do Cámping de Tirán.

 

Onde comer cerca

Bar Areeiro

a 1km 718m

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 658m