Cargando...

CASA MUSEO DA MANGALLONA

Casa Museo da Mangallona

A CASA MUSEO DE CAMAÑO GESTIDO “ A MANGALLONA” (Coiro, 1989)
 
A casa museo de Camaño Xestido “A Mangallona” consta dun edificio principal coñecido como Casa da Mangallona recuperado arquitectonicamente para vivenda do pintor e museo onde se acubillan centos de obras pictóricas e escultóricas tanto do seu propietario como doutros importantes artistas internacionais. Asemade existe unha importante colección de obxectos como porcelanas, cerámicas, pedrería e bastóns. Recentemente foille cedida ao museo a custodia do arquivo do músico Carballo.
A casa ten catro niveis, cunha galería á parte oeste. Na Sala Soto acolle obras de finais dos anos 60, primeira etapa do pintor con cadros costumistas e figurativos.
O segundo andar ten pintura abstracta pertencente á serie “Un berro ecolóxico e loita encol dos brancos”, outra parte postfigurativa –a serie negra afroamericana– e outra conceptual –a serie negra Berlín, inspirada na caída do Muro–. Nesta altura está o Salón de Actos da casa onde se celebran actos literarios, concertos, etc.
No terceiro piso acolle unha colección de obras doutros autores: Delarra, Botello, Nores, Vieito, Barreiro, Huete, Parcero, etc. e obxectos de colección. Tamén hai outra sala que volta acoller obras de Camilo Camaño, unha parte construtivista onde a liña é decisiva na composición e outra máis costumista.
No cuarto está un estudo que acolle unha serie de obras de pequeno e mediano formato da serie “Flores” e “Pórticos” e un conxunto de obras que referencian distintas épocas creativas. Aquí está a vivenda privada do artista.
 

Carballal nº 1, Coiro (Cangas do Morrazo)

TELÉFONO:

Onde comer cerca

CASA ELADIO

a 2km 459m

Bar Puri

a 1km 398m

Onde aloxarse cerca

Hotel Airiños

a 2km 567m

Hotel Playa

a 2km 575m

Camping Tirán

a 2km 430m