Cargando...

Castelo de Rodas - Ons

Castelo de Rodas

No século XVI, Idade Moderna, a Igrexa concedeu a illa en feudo á familia Montenegro. As referencias escritas deste feudo testemuñaron que estaba habitada e contaba cun templo parroquial. Pero dende finais deste século comezou o asedio de corsarios ingleses, o máis coñecido e temido mesmo polos seus foi Francis Drake, e tamén piratas turcos e berberiscos.

Os saqueos e a queima de dependencias que sufriron os poboadores ata ben entrado o século XVIII causaron a súa fuxida á costa. En 1810, século XIX, a Xunta Provincial de Armamento e Defensa decidiu fortificar a illa, e a propiedade dos Montenegro fíxose máis segura permitindo o repoboamento.

Desta actuación localizáronse dúas fortalezas: unha no barrio de Pereiró da que só queda algunha pedra perdida - moitas usáronse para as casas- e outra en Curro a poucos metros do peirao cara a Melide coñecida como "Castelo de Rodas" e obxecto de singulares lendas que falan das covas próximas.