Cargando...

CASTRO DE MONTEALEGRE

Castro de Montealegre

CASTRO DE MONTEALEGRE (Domaio, 200 a.C.)

Non moi lonxe da Ponte de Rande, na parroquia de San Pedro de Moaña, como acollendo a modernidade, está o Castro de Montealegre, un resto da cultura castrexa que, en cada escavación, non deixa de nos sorprender coa riqueza dos seus achados.

• O conxunto castrexo consta de casas redondas e ovais e dun fogar de planta rectangular de paredes moi longas. Atopouse no lugar material como moedas e fíbulas que proban a súa romanización no s. II a.C.

• O núcleo foi localizado preto do cumio, orientado ao sudoeste. Seguindo cara arriba sitúanse varios petroglifos. O castro está asentado estratexicamente entre desniveis orográficos nunha cota media de 100 metros e circundado por un muro que o protexe. Un regato que pasa ao seu pé garantíalles o subministro de auga aos seus habitantes.

• A Xunta de Escavacións e Antigüidades publicou en 1975 as memorias das campañas arqueolóxicas emprendidas por Antón Losada Diéguez en 1925 e 1926.

• Trátase dun xacemento arqueolóxico catalogado como Ben de Interese Cultural.

 

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 7km 170m

Patrimonio cercano

Porto de Domaio

a 1km 434m