Cargando...

Castro galaico-romano do Facho

Castro galaico-romano do monte do Facho

A silueta do Monte do Facho é unha visión inconfundible que se che aparece mesmo antes de entrar en Donón. Se sobes o breve camiño que leva ata o cume, descubrirás os restos dun castro galaico-romano e do santuario pagán máis importante, polo número de restos atopados, da península Ibérica, aínda en escavación.

Pero O Facho oculta algo moito máis valioso que o que amosa. O castro galaico que se estableceu arredor do século VI antes de Cristo, aínda que se cre que en séculos anteriores, probablemente no século X antes de Cristo, houbo un castro amurallado na caeira do monte. Os seus restos podemos ollalos na subida. A chegada dos romanos, trouxo a asimilación da cultura e relixión latina por parte dos primitivos habitantes, e a construción dun templo vai expresar esta nova realidade. O Facho convértese en meta de peregrinos que solicitan o favor dun deus lar chamado Berobreo, e para iso traen aras votivas coas que pretenden gañar o seu favor. Entre os séculos II e VI d. C. permanece activo e os peregrinos chantan as súas aras nas ladeiras do monte. Despois, o lugar é abandonado e as aras van rompéndose ou desaparecendo ata que Álvarez Blázquez, Enrique Massó e  Suárez Mariño, a quen se lle deben importantísimos achádegos arqueolóxicos, inician os primeiros estudos. Os traballos iniciados no ano 2003 por investigadores do Instituto Alemán de Arqueoloxía e da Universidade de Santiago baixo a coordinación de José Suárez, permitiron recuperar 161 aras votivas con invocacións a este deo lari, peticións ou o nome do oferente. Trátase sen dúbida ningunha do lugar arqueolóxico máis importante de Cangas.

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

HOSTAL STOP

a 2km 632m

HOTEL DOADE

a 2km 465m