Cargando...

CELA

CELA

Acaso o latino * CELLAM, ‘celeiro, despensa, orno, hórreo’ sexa o étimo, aínda que hai quen non desbota a posibilidade que garde relación coas celas ou cuartos de aloxamento dos monxes e frades. A súa orixe e posterior devir garda relación directa co seu templo, unha igrexa románica de traza sanxoanista. Son os seus lugares e aldeas máis importantes O Antepazo, O Beloso. O Burgo, A Cabreira, O Casal, As Castiñáns, Castrelo, A Costiña, A Fontealta, A Gándara, O Igrexario, Murráns, Paradela, A Pena, Pousada, O Río, Sabarigo, O Souto, Resille e A Torre.

Quizais debido ás marabillosas vistas e a tranquilidade da contorna, a parroquia de Cela ten hoxe un carácter residencial pero o seu pasado é agrícola e gandeiro, como proba o xustamente afamado viño Tintafemia. Na honra deste caldo celébrase anualmente unha festa de degustación no igrexario na última fin de semana de xullo.

Conta con dotacións públicas como a biblioteca nun edificio de nova planta que tamén alberga o arquivo municipal, un centro social e cultural na antiga escola rural unitaria do Igrexario, pistas polideportivas no Xistro e o parque forestal de Chans, que xunto co mencionado eirado parroquial de festas, constitúen dous fermosos balcóns de propiedade veciñal sobre a ría.