Cargando...

Centro de Interpretación de Ons

Centro de Interpretación de Ons

Situado no barrio de Curro e fronte á igrexa, na construción do antigo Centro Cívico de Ons, encontramos este centro de interpretación baseado no patrimonio e etnografía da illa e dos antigos insulares. Ons, illa de lendas e tradicións, ten unha longa vida chea de acontecementos que condicionaron a supervivencia dos seus habitantes e dió lugar a unha cultura con amplo coñecemento da natureza e crenzas populares que marcaban o quefacer diario. A exposición deste centro recoje unha mostra dos valores naturais deste arquipélago e unha viaxe máis detallada pola súa historia, costumes e vida na illa en épocas anteriores.

Aberto todolos días excepto luns e martes (en horario de verán)