Cargando...

CORPUS CHRISTI DE BUEU

Corpus Christi de Bueu

Na vila de Bueu celébrase con grande sona a festividade de Corpus Christi, onde os vecinos confeccionan vistosas alfombras florais polas principais rúas do municipio.

Trátase dunha obra colectiva que perdurou ao longo do tempo na cultura popular, unha obra efímera que resulta un atractivo turístico máis para a vil apola súa beleza e colorido.

Esta festividade de carácter relixioso celébrase en xuño e a súa data varía segundo coincida a Semana Santa do mesmo ano.

O día do Corpus Christi pola tarde, ás 18:00 h., celébrase unha misa solemne e posterior pasarrúas pola vila sobre as rúas adornadas cas alfombras florais, acompañada pola Banda Artística de Bueu.

Pola noite da comezo a verbena que estará amenizada por orquestas.