Cargando...

Corredor de enclaves

Corredor de enclaves

Os amantes da xeoloxía non poden deixar de visitar o xacemento que se estende entre a Praia de Rodeira e o Con, xa en Moaña, e ten como punto máis salientable o Niño do Corvo. Trátase dun corredor de enclaves. Os enclaves son fragmentos de rocha contidos ou encaixados noutra, semella como se a masa dun biscoito fóra “bombardeada” con grandes pingueiras de chocolate pouco antes de que todo solidifique á calor do forno, sen a penas tempo para mesturarse. A orixe deste fenómeno parece estar no encontro no interior da cortiza terrestre de dous magmas de composición diferente, antes do seu arrefriamento definitivo. O magma básico, que dará lugar ás rochas de cor máis escura (dioritas) foise introducindo no magma que deu lugar á rocha de cor máis clara (granito). Se o proceso de mestura chegara a completarse totalmente, o resultado tería sido unha única rocha de composición intermedia entre a das dúas masas magmáticas orixinais.

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Cangas

Onde comer cerca

CASA ELADIO

a 1km 545m

Bar Areeiro

a 1km 170m

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 69m