Cargando...

cruceiro do señal

cruceiro do señal

Sitúase á entrada do barrio do Forte, en Cangas, entre as avenidas de Ourense a e a rúa Félix Ozámiz, enriba dunha pequena zona axardinada. Baixo os seus pés, pasa o río Bouzós e exite una ponte medieval que foi aterrada no s. XX. De feito, o emprazamento orixinal do cruceiro era ao outro lado da rúa, máis próximo ao mar, e pegado a un edificio de oficina que vemos a tan só 15 metros (podemos ver fotos antigas nun pane no paseo marítimo, a 50m. ao lado do mar)

Recibe o nome de Señal ou Sinal, por ser efectivamente un sinal de límite entre os barrios do Señal e do Forte, e das parroquias de Cangas e Coiro, que tamén delimitan as pedras do señal, ao sur do “Muelle de Ojea”. Outros autores refírense a existencia dun aceñal (en cangués, “aseñal”) onde habería muíños de auga nesta desembocadura do río Bouzós.

A súa datación é de 1721 (aínda que hai autores que soteñen que xa existiría no s. XVII) Consta dunha plataforma de tres chanzos, con pedestal cúbico, cos bordes superiores biselados. Na parte frontal pódese ler a incripción coa data de construcción.

O varal é de sección octogonal, e del colgan farois onde aínda hoxe en día é costume acender candeas.

O capitel aséntase sobre un anelete cilíndrico moi desenvolvido, acotado por toros, e está decorado con volutas nos cantos e caras de anxos en tres dos lados, mentres que na cara frontal, o anxo é sustituído pola caveira de Adán. Os brazos da cruz son de sección cadrada, e neles está cravado un Cristo algo desporporcionado de membros, pero de talla expresiva, morto, coa cara ladeada á dereita, e cartela sobre a cabeza co INRI. No reverso da cruz, represéntase á Virxe das Angurias, en actitude orante e co manto sobre a cabeza.

Onde comer cerca

Patrimonio cercano