Cargando...

DANZA DE ROQUE

Danza de San Roque

O 16 de agosto celébrase na contorna de Santo André do Hío a Danza de San Roque. A danza comezou a bailarse no século XIV, ten orixes incertas e barállanse varias hipóteses. Posiblemente fose unha invocación á protección do santo contra a peste. Os danzantes organízanse en tres fileiras, as exteriores formadas polos galáns e no medio sitúanse os cinco nenos. Os danzantes bailan ao ritmo que marca o guía. A música segue dous ritmos, a danza, máis lenta, que se realiza durante a procesión, e a contradanza, máis rápida, cando o santo regresa á igrexa.