Cargando...

Dornas

Dornas

Embarcación típica de Ons, a súa orixe se relaciona coas primitivas naves normandas que invadiron as nosas costas alá polo século X-XI. A adaptación ao noso ámbito deu lugar a unha embarcación artesanal en madeira de manga ancha, moi estable, que se manexa a remo ou con vela, tradicionalmente latina. A adopción da dorna en cada familia marcou o paso da pesca familiar ao cooperativismo: tres homes e un mozo. As dornas maiores -5 ou 6 m. de eslora- son as "xeiteiras" utilizadas para a pesca de sardiña, e as pequenas -3 ou 4 m. - son as dornas "polbeiras" para a pesca do polbo. Hoxe moitas incorporan motores e luces por seguridade e manexo.