Cargando...

ENTROIDO BUEU

Entroido de Bueu.

Dende o domingo de entroido ata o Mércores de Cinza, realízanse obradoiros onde os que o desexen poden elaborar as súas caretas, disfraces ou complementos. E, ao longo da semana realízanse actuacións e actividades para os nenos: contacontos, concursos, e o popular desfile infantil do enterriño da sardiña.

O Entroido chega ao seu fin cun percorrido polas principais rúas do casco urbano, e a celebración do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, onde participan os veciños, rematando ca sua queima na praia da Banda do Río.