Cargando...

ERMIDA DE SAN AMARO

Ermida de San Amaro

A ermida neoclásica de San Amaro atópase no barrio de Menduíña (Aldán); foi construída sobre outra de orixe románica e, como consecuencia dun incendio, restaurada hai poucos anos.
 
• Ten planta rectangular e fachada lisa.
• O tellado é a dúas augas e a espadana presenta dous vans con pequenas campás. Nunha das paredes consérvanse unhas inscricións.
• Ao seu carón levantouse un soportal para protexerse das inclemencias do tempo.
• Fronte á fachada temos unha cruz que pola súa forma recorda aquelas primeiras que se ergueron para a cristianización dos miliarios: unha grosa e curta columna de pedra na que se asenta a cruz.
• No adro existe un palco de pedra de forma hexagonal.
• As escaleiras de acceso ao adro presentan un arco convexo no primeiro tramo e outro cóncavo do descanso en diante o que as fai moi singulares. Sobre os muros que as flanquean aparecen dous pináculos.
• Desde antigo celébrase unha grande romaría o 15 de xaneiro, na honra de San Amaro, e outra o 18 de xullo, a Sta. Mariña.
• Antigamente tivo unha importante celebración en honra de San Antón, coa curiosidade de que se ceibaba un porquiño pola aldea de Menduíña para que os veciños o cebaran e sacrificalo ao ano seguinte.

Onde comer cerca

Bar Muelle

a 2km 19m

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 1km 395m

HOTEL DOADE

a 3km 329m

Patrimonio cercano