Cargando...

Ermida de Sanamedio

Ermida de Sanamedio

No lugar que tomou o seu nome, no medio dunha carballeira, aséntase a Ermida de Sanamedio. Sabemos que esa non era a súa situación orixinal, senón que estaba un pouco más abaixo, onde a Fonte do Santo, nun lugar presidido por un gran canastro e unha cruz en memoria do templo.

Temos novas deste lugar xa a mediados do século XII, pois o xograr Xohán de Cangas deixounos unha fermosa cantiga de amigo, testemuño da longa tradición da romaría que se celebra, en honra do patrón, o 7 de agosto, precisamente cando, dende o cabo Preguntoiro, o máis pronunciado da contorna, podemos contemplar un fermoso anoitecer co sol agochándose entre as illas de Ons e Onza: Amigo, se mi gram bem queredes,/id´a San Mamed´e veer m´edes:/Oje nom mi mençades, amigo./Pois mi aquí ren nom podedes dizer,/id´u ajades comigo lezer:/Oje nom mi mençades, amigo./Serei vosqu’em San Mamede do Mar,/na ermida, se mi o Deus aguisar:/Oje nom mi mençades, amigo.(C.B.N. 1269; C. V. 875).

No ano 1999 dedicóuselles o Día das Letras Galegas aos xograres do mar, motivo polo que se ergueu aquí un monumento en homenaxe a Johán de Cangas, de quen se conservan tres cantigas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa.

A capela é de planta rectangular e tellado a dúas augas, posúe un contraforte exterior, no paso da nave á ábsida, e espadana a xeito de campanario. A carón dela, conta cunha fonte de traza barroca, á que se accede por unhas escaleiras descendentes, e cunha casa de obra ou de fábrica.

Nesta fermosa paraxe celébranse concorridas romarías.

Onde comer cerca

Taberna O Farol

a 1km 560m

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 3km 301m

Patrimonio cercano