Cargando...

Faro das Illas Ons

Faro das illas Ons

O Faro de Ons é un dos máis grandes e de maior alcance en España. Está situado no Cucorro, na parte máis alta da illa, e é obra do arquitecto Rafael de la Cerda, quen construíu outro idéntico na illa da Rúa.

Acendeuse por vez primeira en 1865 e a súa luz branca a través dunha lanterna octogonal chegaba ás 17 millas. Revestiuse con azulexos en 1932 e foi dos últimos faros de petróleo a presión -cos de Sálvora e As Sisargas- que existiron, xa que partir de 1990 funcionou con enerxía fotovoltaica.

Este histórico Faro está vixiado por un dos últimos fareiros de España.

O edificio anexo á torre inclúe vivenda para os fareiros, almacén e un obradoiro.