Cargando...

FERVENZA E POZA DA MOURA

Poza da moura e fervenza.

Se ascendemos dende o mar polas ribeiras dos ríos da Miñouba ou da Freixa, teremos a posibilidade de apreciar un catálogo natural de flora e fauna entre a arquitectura anónima dos máis de trinta muíños enxeñosamente adaptados á orografía, un paseo polas construcións que forman parte da arquitectura do pan que explica unha cultura que chegou ata os anos 70 do século pasado, coa súa abondosa rede de ríos, regos, regatos, canles e acuedutos onde  se aprecia a resposta social ás necesidades básicas, a partir dunha utilización respectuosa entre natureza e construción, con diversidade de tipoloxías adaptadas á orografía. Se os azos e as pernas resisten, sería interesante intentar a ascensión á Poza da Moura ata visitar muíños tan senlleiros como o da Máquina coa súa impoñente enxeñería do granito e ver a caída vertical da auga a través do cubo circular que domea o líquido propulsor ata o rodicio que fai iniciar o movemento do eixo e trilla o cereal transformándoo en fariña alimenticia.

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Moaña

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 6km 467m

Patrimonio cercano