Cargando...

Festa de San Martiño de Moaña

Festa de San Martiño de Moaña

A celebración destas festas remóntase ao ano 1237, data de finalización do templo histórico de San Martiño, Patrón de Moaña, que está situado no barrio do Cruceiro, aínda que aparece documentado por primeira vez nun expediente de 1637.
Na actualidade consérvanse costumes ancestrais como afurancharo viño nos baixos das centenarias casas, viño que eles chamaban "sobrantes da colleita" despois de encher as pipas para todo o ano, a matanza do porco e as castañas. Nestas Festas móntanse, dependendo da colleita do ano, de 30 a 35 "furanchos". O recinto das Festas está cuberto cunha gran carpa e dende a mañá ata a madrugada, a música non para durante os tres días de festexos: bandas de música, charangas, grupos tradicionais, xogos populares para nenos e maiores, magosto, orquestras para as noites, postos de venda de toda clase.
Os actos relixiosos son seguidos por miles de persoas, o día 11 San Martiño invita a saír en procesión á Virxe do Carmen, imaxe única en España feita dun madeiro de carballo dunha soa peza, de gran tamaño e un peso considerable.