Cargando...

FESTA DO MUIÑO DE FAUSTO

FESTA DO MUIÑO DE FAUSTO

Primeira fin de semana do mes de maio
 
O Muíño de Fausto atópase no lugar da Rosada na parroquia de Coiro; é un dos máis de 30 muíños do río Bouzós.
 
Foi recuperado no ano 1989 para uso didáctico e aproveitamento en común. Cada primeira fin de semana do mes de maio a parroquia de Coiro celebra a súa restauración cunha nova edición da Festa do Muíño: actividades culturais, musicais e gastronómicas organizadas pola asociación de veciños.