Cargando...

FESTA DO POLBO

FESTA DO POLBO

Os mariscos e peixes lideran a riqueza gastronómica de Bueu, que conta cunha ampla oferta de restaurantes para degustar pratos típicos como o arroz con bogavante ou o polbo “á feira”. É precisamente este cefalópodo o que conta cunhas xornadas de exaltación.

A Festa do Polbo acostuma celebrarse na primeira fin de semana de setembro nos Xardíns de As Lagoas e os asistentes a este evento poden degustar o exquisito produto local con denominación Polbo das Rías

http://polbodasrias.com/es/que-e/

Festa do Polbo adoita coincidir co Encontro de Embarcacións Tradicionais convocado pola asociación Os Galos.