Cargando...

Festas da Virxe do Carme de Moaña

Festas da Virxe do Carme de Moaña

Durante o mes de Xullo a localidade de Moaña celebrará a festa máis importantes do municipio en honor á Virxe do Carme; Patroa da localidade. Os asistentes a estes días de festa poderá gozar cos actos programados para a ocasión.

Mércores 15 de Xullo, a partir das 19.00 horas sairá o pasacalles a cargo da charanga Cabeza non Para, e ás 22.30 horas terá lugar unha gran verbena coas orquestras Poceiro e Los Satélites.

Xoves 16 (festivo local), o gran día en honor á Virxe do Carmecomezará ás 12.00 horas coa misa solemne. Pola tarde, ás 17.30 horas, levarase a cabo a saída do templo e deseguido dará inicio a tradicional procesión marítima-terrestre. Chegada a noite, ás 22.30 horas, as orquestras Grande Atlanta e Passarela animarán a verbena.

Venres 17, ás 19.00 horas a charanga Amigos de Cores animará o pasacalles e ás 22.30 horas as orquestras super Hollywood e Super Fama farán o propio coa verbena.

Sábado 18, ás 09.00 horas disputarase o V Campionato de Pesca Infantil. Pola tarde, ás 19.00 horas, terá lugar unha exhibición de taekwondo e a charanga Moita Marcha percorrerá as rúas da localidade. Ás 22.30 horas o grupo Ambar e a orquestra Los Player´ s poñerán a nota musical á verbena, nunha reunión onde se levará a cabo, ás 00.00 horas, un grande espectáculo de lumes artificiais.

Domingo 19, veciños e visitantes poderán gozar neste día cunha grande evento sorpresa.

Luns 20, nesta última xornada de festa os máis pequenos poderán gozar co Día do Neno, onde haberá prezos reducidos nas atraccións de feira.