Cargando...

Festas do Carme de BUEU

Festa do Carmen de Bueu.

O día 16 de Xullo é Festivo Local en Bueu, celébrase o Día da Virxe do Carme.

As festas duran tres días, sendo anunciado o comezo cunha gran tirada de bombas de palenque ás 12:00 h. Durante estos días realízanse pasarrúas a cargo da Banda de Música de Bueu e verbena pola noite.

O día grande ás 12:00 h. celébrase a misa solemne na honra da Virxe e ó remate sae a procesión terrestre ata a lonxa onde ás 18:00 h. faise unha misa cantada e a continuación da comezo a procesión marítima con ofrenda.