Cargando...

Festival Retrouso

Festival Retrouso

É o festival de baile tradicional e música folk que centra os maiores esforzos de organización, respecto a outros eventos culturais. Rolda as quince edicións, no mes de xullo, no eirado de Cela. Ten pasado por distintas épocas, desde organizarse en Chans (Chanscontro), ser toda unha xornada de actividades… O máis frecuente é que comece con dous ou tres grupos de baile tradicional e despois ou haxa algún grupo folk convidado ou se abra o escenario á Foliada e que suba quen queira a tocar.

Polo Festival Retrouso pasaron grupos moi coñecidos do folc galego, como Os Carunchos (2002), Xochilmica (2005), Ardentía (2006) e outros proxectos máis puntuais e de tendencia, como O Tear de Llerena (2001), Sachadiço (2006), Saramaganta (2007), O tamboril furado (2008), Os Cochenos (2010), Abóbriga (2011), Os Carapaus (2012) ou Ludovaina (2013).