Cargando...

FIC BUEU

Festival Internacional de Curtas - FIC BUEU

O FIC e o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, organizado por este concello con gran éxito, e que se celebra a principios de Setembro.

De entre todas as obras recibidas pola organización selecciónanse entre 25 e 30 curtas para a selección final. Cinco delas son galegas, dando orixe a unha categoría especial de obras realizadas na nosa comunidade.

Durante cinco días os filmes son proxectados no Auditorio Social do Mar en sesión doble: ás 20h e ás 22h. A entrada é de balde.

O sexto día, coincidindo en sábado, celébrase a Gala de Clausura e entrega de premios, outorgados por un xurado composto por membros relacionados co ámbito da cultura e o audiovisual, a excepción do premio do público.

 

CONCELLO DE BUEU. R/ EDUARDO VINCENTI, 8. 36930 - BUEU (PONTEVEDRA) 
TELÉFONO: + 34 986 324 338 
EMAIL: INFO@FICBUEU.COM

http://www.ficbueu.com/

https://www.facebook.com/fic.bueu