Cargando...

finca do frendoal

finca do frendoal

Frendoal- As Presas é un terreo privado que pertencía á Casa Torre de Aldán, dos Condes de Canalejas. Era unha zona de recreo e descanso da Casa Condal utilizada como bosque para a caza. Orixinariamente unida ao terreo do Pazo-Torre de Aldán ata que a principios do século XX, se realiza o trazado da actual PO-315.

Cabe destacar:

¨ A súa vexetación: Podemos encontrar:

- Carballos, castiñeiros, abeleiras loureiros...

- Especies introducidas polos condes (piceas. . .)

¨ Complementos con estrutura de fábrica:

Castelo do Frendoal - Pequeno castelo con foxa e ponte levadiza, cuxa construción comezou nos anos 60 como zona de descanso para os condes, pero quedou sen rematar. Na actualidade consérvase a súa estrutura orixinaria.

- Antigo campo de croquet, situado en fronte da fachada principal, foi utilizado durante os anos 60 e 70.

- Bancos de descanso

- Paseo bordeado de castiñeiros

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Cangas

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

HOTEL DOADE

a 1km 635m