Cargando...

FONTE FERREIRA

FONTE FERREIRA

Estes lavadeiros ubicábanse en lugares onde había manantial de auga propio e, na maioría dos casos, estaban rodeados de zonas verdes onde se poñían as roupas ó clareo. Antigamente as mulleres acudían a lavar e constituía ao mesmo tempo un lugar de encontro e intercambio de confidencias.

Situado na actual Avenida de Moaña, ás aforas da zona vella de Cangas e ao pé do barrio do Outeiro, seguindo o curso do antigo “río da Lavandeira”, que desembocaba na actual praza da Constitución, e como o nome indica nos levaba a un lavadoiro, o máis grande e popular de Cangas que se ubica xusto aquí, na Fonte Ferreira.

Ademáis da fonte, existen tres grandes pilonas cos seus respectivos canos, cuberto por un gran Tellado a dúas augas. Aínda a día de hoxe podemos atoparnos xente utilizando este lavadoiro, que nos trasladará a outra época onde a colada se facía en sociedade e os lavadoiros eran un punto de encontro e reunión.

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 388m

Don Hotel

a 1km 75m