Cargando...

IGREXA DE SAN MARTIÑO

Igrexa de San Martiño

Na Igrexa de San Martiño pódese ver a evolución exterior e interior entre a época de influencia do estilo románico, visible na fachada e nos canzorros, e as transformacións estruturais do barroco, así como imaxinar a vida social da parroquia entre o adro alto e o baixo, o vello cemiterio hoxe convertido en parque e a Casa Reitoral cunha influencia decisiva ata mediados dos anos 60 en que comeza a transición cara a unha cultura urbana e a ocupación litoral.

• O conxunto formado polo castro, a reitoral e a igrexa románica pode indicar a existencia dunha necrópole con reminiscencias castrexas sobre a que se asenta o templo.

•A igrexa do s. XII dispón dunha escalinata de pedra de acceso ao adro. A porta ten dous pares de columnas, lisas e salomónicas sobre as que descansan arcos de medio punto cun tímpano figurado con inscrición.

•A torre campanario érguese cun primeiro tramo liso e de planta cadrada correspondente á primeira construción, mentres que o segundo tramo é de corte barroco rematado en pináculos en bola.

• Nos laterais hai tamén portas de entrada con linteis decorados con modillóns de animais fantásticos e volutas.

• Nas ruínas de Santo Domingo, Pontevedra, encóntranse depositados varios frisos románicos desta igrexa.

• O cruceiro de San Martiño érguese sobre unha plataforma hexagonal de catro chanzos cunha varanda de ferro. O pedestal está decorado polas dúas caras, cunha caveira e unha imaxe de San Martiño Dumiense. O fuste poligonal emboca nun capitel con motivos xeométricos, vexetais e outra caveira. A cruz ten un Cristo e unha Piedade que descansa sobre a cabeza dun anxo.

 

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 3km 51m

Camping Tirán

a 1km 745m