Cargando...

IGREXA DE SAN PEDRO DE DOMAIO

Igrexa de San Pedro

IGREXA DE SAN PEDRO (Domaio, s.XVIII)

• Sobre unha antiga edificación románica da que só se conserva o muro norte construíuse no s. XVIII a torre, a capela da Virxe das Dores, a sancristía –ás que se accede por dous arcos de medio punto–, a caseta de obras e ampliouse a ábsida antiga.
Esta reforma está inspirada no estilo de Simón Rodríguez.

• A planta é dunha soa nave.

• A fachada ten unha porta rectangular sobre a que aparece unha fiestra circular.
Presenta un hastial moldurado adornado con dous pináculos rematados en bola.

• O máis salientable é a robusta torre, con claras semellanzas coa de San Salvador de Coiro; ten unha balconada de pedra sobre a que se asenta o campanario con catro arcos de medio punto que sosteñen unha cúpula de corpo cónico e remate semiesférico adornada con catro pináculos rematados en bola.

• Ten un retablo barroco en madeira.

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 6km 536m