Cargando...

Igrexa de San Salvador de Coiro

Igrexa de San Salvador de Coiro

Dominando o val, coma un miradoiro sobre a ría de Vigo e o núcleo urbano de Cangas, érguese a Igrexa de San Salvador. Trátase dunha construción barroca do ano 1784 realizada por uns mestres canteiros chamados Novás, orixinarios de Tui. A enorme torre do campanario con decoración de placas parece precipitarse sobre os visitantes, sobre todo se soben pola empinada escalinata.

Aos seus pés quedan os restos do vello cemiterio no que repousan os restos do catedrático da universidade de Santiago Don Amando Castroviejo, pai do escritor Xosé María Castroviejo, e propietario do Pazo da Retirosa. En 1953 ao realizar unhas obras de restauración, atopouse unha inscrición sepulcral prerrománica, o que deu base á idea xa existente de que a actual construción realizouse sobre a base dunha vella igrexa visigoda.

Onde comer cerca

CASA ELADIO

a 2km 126m

Bar Puri

a 1km 312m

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 2km 226m

Camping Tirán

a 2km 139m