Cargando...

Igrexa de Santa María de Beluso

Santa María de Beluso

Textos do século XII revelan que a raíña dona Urraca cedeu esta igrexa ao Mosteiro de Poio. A estrutura actual con planta de cruz latina é do século XVI, aínda que logo sufriu varios engadidos, polo que abrangue dende o estilo románico ata o neoclásico. En 1886 un forte temporal derrubou o campanario, que se esborrallou sobre o teito; a reconstrucción deu lugar a varias reformas. Hoxe unha lanterna remata a bóveda cadrangular no cruceiro. Na portada chama a atención o arco de medio punto adornado con bolas e cunha folla de acanto no centro. As boliñas prolónganse pola cornixa perimetral e as paredes laterais están apuntaladas con contrafortes. A espadana, embelecida cunha cruz de ferro, un catavento e dous pináculos a xeito de landra, é de 1888. Fronte a entrada principal da igrexa atopamos a casa reitoral, construída polo marqués de Ribadulla en 1797 segundo a data que figura sobre o portalón da entrada. Neste escenario sitúanse algunhas das pasaxes da novela Morning Star, de Xosé Miranda. No contorno atopamos tamén o Cruceiro da Rosa, de 1791. A cara leste desta peza barroca amosa a Piedade, mentres que na cara Oeste hai unha figura de Xesús un tanto desproporcionada, coas pernas moi curtas.

Onde comer cerca

Taberna O Farol

a 1km 888m

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 4km 924m

Patrimonio cercano

Pazo de Ouril

a 1km 441m

Casa Molezún

a 1km 270m

Porto de Beluso

a 1km 298m