Cargando...

Igrexa de Santiago de ermelo

Igrexa de Santiago de Ermelo

A actual Igrexa de Santiago de Ermelo é de extraordinaria sinxeleza.

Do antigo mosteiro de Santiago de Ermelo só quedan hoxe a parede e as escaleiras de acceso do que puideron ser as dependencias monásticas, ademais da igrexa reconstruída no século XVIII cun estilo barroco moi sinxelo. Semella que os monxes se estableceron no lugar a finais doséculo X, aínda que ata o século XII non hai referencias escritas sobre o templo. A igrexa foi reedificada en 1104 segundo consta nunha lousa interior que hoxe aparece dividida en dúas metades aos lados da capela maior; trátse da única inscripción epigráfica cunha datación completa que alude ao arcebispo 15 Xelmírez como restaurador, segundo apuntan recentes estudos. Da igrexa prerrománica previa á remodelación de 1104 quedan poucos restos, como un modillón incrustado na parede da sancristía e un fragmento de inscrición en escritura visigótica (“ECIT”). A restauración deu lugar a un pequeno templo románico do que permanecen vestixios como a cruz tallada na pila bautismal.

A unha das construcións antigas pertencen tamén os baixorrelevos das cruces de consagración. Outra das múltiples e valiosas inscricións -que xa en 1745 foran obxecto de estudo por Frei Martiño Sarmiento- revélanos que a construción actual é de 1774, cando aínda pertencía ao Mosteiro de San Xoán de Poio. De planta  rectangular, a nave está dividida por arcos de medio punto e cuberta con bóvedas de cruzaría. O exterior, moi austero, conta con algúns contrafortes encostados.

Na cabeceira apréciase unha porta con arco de medio punto que foi tapiada, pola que ao parecer entrarían os monxes dende o interior do desaparecido mosteiro. Paga a pena continuar subindo a estrada ata a Esculca, monte coroado pola Cruz de Ermelo, que se alza ata os sete metros de altura sobre unha rocha onde probablemente se ancoraba outra anterior. A actual cruz de Santiago encargoulla José María Massó a un canteiro para conmemorar a visita do cardeal Fernando Quiroga Palacios en 1954. As vistas son impresionantes.

Inverno: Sábados ás 17:00 h / Verán: Sábados ás 19:00 h

O día de Santiago de Ermelo o 25 de xullo no que se celebra unha importante romaría campestre é cando a Igrexa recibe o maior número de visitantes.

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 3km 911m