Cargando...

IGREXA SAN MARTIÑO BUEU

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE BUEU

Imos agora lonxe da beiramar para visitar a Igrexa Parroquial de San Martiño. Ata ben entrado o século XIX, a parroquia contaba, como templo, cunha igrexa románica da que aínda se poden ver algúns restos dos canzorros primitivos incrustados nos muros actuais. Foi demolida e no seu lugar levantouse o actual recinto de traza neoclásica (1880). Ten  planta rectangular e consta dunha nave e unha ábsida cadrada abovedada, rematada cun de mainel ou parteluz que ilumina o altar maior do presbiterio. Da actual Casa Reitoral hai que salientar a grande cheminea e a cociña de lareira e forno con columnas linteladas. 

Concello de Bueu, parroquia de Bueu, lugar O Valado

Dispón de zona de aparcadoiro

Visitable en horario de misas (a confirmar, depende da época do ano) Utilizada durante todo o ano, con maior afluencia nas festas patronais e datas sinaladas coma Corpus Christi, festas da Virxe do Carmen, Pascua, ... nas que se celebran procesións