Cargando...

Mámoa de castiñeiras

Mámoa de Castiñeiras

Ata tres mámoas se atopan soterradas no recinto do parque empresarial. Estes sepulcros prehistóricos, tan característicos do megalitismo en Galicia, son amoreamentos de terra e pedras que agochan no seu interior unha anta ou dolmen. As mámoas de Castiñeiras foron construídas a finais do Neolítico, arredor do ano 3500 a.C. As escavacións realizadas a mediados dos 90 constataron a existencia dun camiño entre dous dos túmulos, o que revela que xa naquel tempo o lugar era un cruce de vías de comunicación. Os traballos arqueolóxicos tamén amosaron que as antas sufriran agresións xa en épocas remotas, mentres que as pedras da coiraza se mantiñan perfectamente imbricadas.

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 2km 898m