Cargando...

MÁMOA DE CHAN DE ARQUIÑA

Mámoa de Chan de Arquiña

MÁMOA DE CHAN DA ARQUIÑA (Domaio, 3000 a.C.)

 

• É un monumento megalítico datado arredor do ano 3000 a. C. Foi escavado en 1953 e realizouse unha nova prospección arqueolóxica e traballos de mantemento en 1999.

• Ten un pequeno corredor medio soterrado e unha cámara composta por catorce laxes imbricadas que soportan as pedras da cuberta. Mide 5,20 metros de lonxitude. O túmulo medía 30 metros no eixo leste-oeste e 25 metros en sentido norte-sur.

• Entre o enxoval conservado atópanse puntas de frecha de base triangular, unha machada de pedra pulimentada, lascas de seixo e de cristal de rocha, fragmentos de cerámica campaniforme de estilo marítimo e máis de 30 doas.

• Estímase que o período de utilización da mámoa foi superior a mil anos pola coincidencia de restos deixados por diversas culturas.

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 7km 132m