Cargando...

MARISQUEO EN MEIRA

Marisqueo en Meira

Tamén é propio da parroquia de Meira a organización da man de obra feminina para traballar no labor extractivo da actividade marisqueira. As mariscadoras, sementadoras, cultivadoras e colleiteiras dun labor comunitario, forman unha economía familiar complementaria que se foi feminizando e constituíndo, cara á fin do século XX, a icona e a postal dun oficio transformado nalgunha das máis fermosas imaxes dunha femocracia que nos achega ás mesas o croque (berberecho), a ameixa ou a navalla, produtos todos da ribeira moañesa rica na cultura do carbonato cálcico, espallada a ambos os costados da illa do Samertolameu e unha praia da Xunqueira doméstica e infantil, area e paseo marítimo que nos acompaña ata a Moaña central. As mariscadoras máis veteranas de Meira xa forman parte das fotografías e relatos máis importantes sobre o traballo feminino en todo o mundo, a través de fotógrafos como Sebastiao Salgado ou Sergio Belinchón, escritores como Manuel Rivas, Méndez Ferrín ou o xaponés Koato.

Onde comer cerca

Patrimonio cercano

O Fisgón

a 549m