Cargando...

MILLO CORVO

ENCONTRO E DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

No lugar de Meiro, en torno á Casa da Aldea, celébrase, na última fin de semana de marzo, o Encontro degustación do Millo Corvo. Festéxase todo o proceso de plantación, recolección e elaboración de produtos artesanais a partires desta variedade singular que tiña como misión servir de barreira natural entre o monte e o millo branco e afastar os corvos e outras aves depredadoras. Hoxe esta cita gastronómica levada a cabo polos veciños do lugar de Meiro, compleméntase con actividades culturais e está declarada de interese turístico.

http://www.meirocorvo.org/

ACCESO

Dende Bueu pola PO- 551 dirección Cangas, coller o desvío sinalizado cara a Meiro