Cargando...

MOAÑA

MOAÑA

Situada no paraíso das Rías Baixas, O Morrazo, e bañada pola Ría de Vigo en toda a súa extensión, Moaña convértese nun gran atractivo turístico para os visitantes. Situada a un paso da Ponte de Rande, conecta moi ben con Vigo e Pontevedra, ofrecendo un lugar de relaxación e ocio moi preto das grandes cidades.
 
O mar ofrece unha beleza especial a Moaña, que conta cun paseo á súa beira cheo de fermosas esculturas, ademais dos parques infantís, carrís bici dunha punta á outra da vila, unha renovada zona deportiva, a praia urbana de A Xunqueira, e ata incluso unha illa, a de Samertolameu, convertida en península da man do home, conectada agora co centro de Moaña.
 
O segundo atractivo turístico, non menos importante, sería o monte desta vila, con rutas cheas de lendas, seguindo o sendeiro do Río da Fraga ata a Poza da Moura, admirando, entre tanto, o traballo dos muíños aínda en funcionamento.