Cargando...

Monte do facho

O facho de Donón

A silueta do Monte do Facho é unha visión inconfundible que se che aparece mesmo antes de entrar en Donón. Se sobes o breve camiño que leva ata o cume, descubrirás os restos dun castro galaico-romano e do santuario pagán máis importante, polo número de restos atopados, da península Ibérica, aínda en escavación.

A palabra facho fai referencia ás fogueiras que prendían a xeito de faro para sinalar a proximidade da costa. Baixo a ollada atenta da garita, corre a Soavela a precipitarse no mar. Como xa temos comentado, entre os séculos X e XVII, a costa de Galicia viuse sometida ao ataque sucesivo dos normandos, de Almanzor e dos berberiscos. Crese que foi o saqueo berberisco de 1617 o que impulsou a construción, probablemente con pedras procedentes do castro e aras romanas. Así, adquire sentido a denominación de Soavela para toda a zona de costa que se estende aos pés do monte en dirección ao mar. Sería o territorio que esta so, baixo ou debaixo do lugar onde se permanece en vela. Ante a falla de defensas eficaces, os atacantes adoitaban establecerse nas illas próximas á costa polo mes de abril e desde estas bases, iniciaban os seus saqueos. Por pura necesidade, as poboacións trasladábanse entre os meses de abril e xuño desde os seus núcleos tradicionais a pé de costa a zonas máis altas tentando así evitar os ataques.

 

 

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Cangas

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

HOSTAL STOP

a 2km 648m

HOTEL DOADE

a 2km 485m