Cargando...

MONTE E CRUZ DA ESCULCA

MONTE E CRUZ DA ESCULCA

Ermelo é unha paraxe marabillosa, “viciosa de camiños” segundo a definición de Cunqueiro, de camiños fondos e empedrados, gastados polas pedras dos carros, que cruzan carballeiras e regos de augas fértiles.

O Monte e cruz da Esculca é un miradoiro natural extraordinario. O nome “esculca” garda relación coas chamadas alarmas do Morrazo, pois vén de *Auscultare, 'escudriñar, vixiar', nos tempos en que as costas sufrían incursións e saqueos piratas e que pola súa situación  comunicábanse  mediante fogueiras dun punto a outro e dun lado a outro da ría. Hoxe érguese unha cruz de Santiago Apóstolo, exvoto de José María Massó García e erixida co gallo da visita do Cardeal Arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Quiroga Palacios, o 8 de agosto de 1954, onde se fixo célebre o pronunciado por el, de “ás veces hai que facerlle caso ao pobo”.

O 25 de Xullo celébrase neste monte unha romaría de grande sona.

Partindo de Bueu en dirección a Cangas, pola estrada PO-551, tras percorrer 2 km aproximadamente tomamos un desvío a esquerda (sinalizado), e ascendemos 4 km pola estrada PO-1306 dirección Ermelo, e atopamos a cruz no lugar da Esculca (sinalizado)

 

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Bueu

Onde comer cerca

Bar Puri

a 3km 50m

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 3km 880m