Cargando...

MONTE FARO DE DOMAIO

Monte Faro de Domaio

O cumio do Monte Faro permite o emprazamento estratéxico dun parque de antenas de comunicacións que redistribúen o sinal da maior parte das radios e televisións da ría de Vigo e forma unha interesante esculca dende a península do Morrazo sobre as Rías Baixas ou o Parque Nacional das Illas Atlánticas, sen deixar no noso percorrido visual panorámico interior da ría de Vigo, a ponte de Rande, o val do Fragoso ou as montañas que forman corredor e lindeiro do río Miño entre Galicia e Portugal…, un espazo amplo, verde, acolledor e aberto que comparte o tempo de lecer dos visitantes co trote curto dos rabaños de cabalos ceibos que abondan por estas alturas, preto do mítico monte Xaxán, o Miradoiro de Cotorredondo ou o Lago de Castiñeiras, lugares todos eles de asentamentos e hábitats prehistóricos como acreditan os sucesivos achados de mámoas que forman un interesante roteiro onde se singulariza a da Chan da Arquiña, espazo entre castiñeiros, prados e auga que se converte en neve uns poucos días de cada ano, lugar que cría e reparte en man común castañas ou cogomelos durante un outono que por estas terras é celebrado ao redor do lume en furanchos, festas e magostos.

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Moaña

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 6km 458m