Cargando...

Monumento as catro mariñas en Bueu

Monumento as catro mariñas.

Camiñando pola frente marítima de Bueu atopámonos algún puntos de interés coma o Monumento ás catro Mariñas, un piar marmóreo no que se representan con áncoras os catro tipos de mariñas: de pesca, mercante, deportiva e de guerra.

Sobre unha plataforma rectangular, no seu centro, álzase un prisma tamén rectangular formado por dúas pedras superpostas. A cada lado hai unha estatua dun cabaliño de mar encarándoa. E, en cada unha das dúas pedras que forman o prisma, nas súas caras norte e sur respectivamente, están gravados en relevo os símbolos das catro mariñas, aínda que non se corresponden exactamente cos oficiais, e algún escudo está xa incompleto, debido a algún acto de vandalismo.

O deseño foi encargado polo Concello de Bueu.

Atópase no paseo marítimo de Bueu, na avenida de Montero Ríos co cruce da rúa Matilde Bares, diante da praia de Pescadoira.

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 5km 252m